viernes, 23 de abril de 2021

jueves, 22 de abril de 2021

Participación do alumnado da FP Básica de Mantemento de Vehículos na conmemoración do Día do Libro 2021 no CIFP As Mercedes


 

viernes, 16 de abril de 2021

 

O día internacional do libro celébrase o 23 de abril, pero por que esta data?

Na propia páxina web da UNESCO din que o 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial dado que neste mesmo día do ano 1616 morreron tanto Miguel de Cervantes (Don Quíxote) como William Shakespeare (Romeo e Xulieta), probablemente dous dos autores máis influíntes da literatura universal. Para máis sorpresa, o 23 de abril tamén coincide co nacemento ou morte de moitos outros autores relevantes como Vladimir Nabokov (Lolita).

De todo os xeitos, é isto correcto?

A pesar do que nos conta a UNESCO, a historia sinálanos algunhas imprecisións: nin Cervantes nin Shakespeare morreron o 23 de abril.

Aínda que é unha inexactitude menor, o certo é que Cervantes faleceu o 22 de abril de 1616 e foi soterrado o 23, tal e como sinala a Axencia EFE. A confusión débese a que naquela época rexistrábase a data de enterro, non a de defunción.

Con Shakeaspeare a cuestión é máis notoria. No ano da súa morte, Inglaterra aínda se rexía polo calendario xuliano, imposto polo emperador romano Xulio César. Non foi ata o ano 1752 cando os reinos de Gran Bretaña e Irlanda adoptan o calendario gregoriano, o máis estendido na actualidade. E que importa todo isto? Pois que o desfase entre o calendario xuliano e o gregoriano é aproximadamente duns 10 días. Polo tanto, no noso calendario —o gregoriano— a data da súa morte fixariámola nos primeiros días de maio, non no 23 de abril.

De todo os os xeitos, isto non é máis que unha curiosidade, o importante é celebrar esta data e conmemorar a dúas das figuras máis prominentes e influíntes da literatura inglesa, da española e universal.

martes, 23 de febrero de 2021

FELIZ SAN VALENTIN!

 Este foi un proxecto levado acabo dende o Instagram da biblioteca para o día de San Valentín.

martes, 19 de enero de 2021

NOVOS LIBROS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS NA BIBLIOTECA


 Animádevos a pedir as novidades das vosas familias profesionais para botarlles un ollo e formarvos un pouquiño máis.


miércoles, 2 de diciembre de 2020

NOVOS FONDOS NA BIBLIOTECA DA familia profesional de AUTOMOCIÓN

Incorporamos os seguintes libros aos fondos da biblioteca suxeridos pola familia profesional de Automoción...



Novidades na BIBLIOTECA

 NOVIDADES LITERARIAS NA BIBLIOTECA

Incorporamos aos fondos da biblioteca os seguintes libros...






animádevos a lelos...!