jueves, 2 de diciembre de 2021

 

CONSTRUÍR A MEMORIA:

VIVIR EXPERIENCIAS, CONTAR, LEMBRAR.

Concurso: Como construímos a memoria?

Presentar un cartel que inclúa de 1 a 3 imaxes e un texto  entre 20 e 100 palabras, en galego ou en inglés. Trátase de documentar unha das seguintes opcións:

- Unha experiencia relacionada co instituto que vaias a lembrar.

- Unha experiencia relacionada co Nadal que forme parte da túa memoria.

- Unha recomendación dun libro.

- Unha recomendación dunha canción.

- Unha recomendación dunha película/serie/xogo.

Presentación:

-O prazo do 1 ao 15 de decembro.

-Mandar en pdf a biblioteca@cifpasmercedes.org

-Seguir a conta da biblioteca en Instagram: @biblio.asmercedes

-Facer unha publicación no teu Instagram onde etiquetes a conta da biblioteca e uses os hashtag: #vivirlembrar e #liveremember

 Premio:

-1 Un álbum de recortes artesanal e único para as túas fotos e crónicas ou co que agasalles a algúen este Nadal.

-10 Miniálbums de recortes artesanais.

 


Publica o teu cartel en Instagram usando os hashtag: #vivirlembrar, #liveremember

Etiquétanos: @biblio.asmercedes

Participa e síguenos!

viernes, 15 de octubre de 2021

 CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


BASES DA CONVOCATORIA

Concurso de microrrelatos de “Halloween e Samaín no CIFP As Mercedes” no 2021

Con motivo da celebración do Halloween e o Samaín no CIFP As Mercedes este curso 2021-2022, A Biblioteca do CIFP As Mercedes, o Equipo de Dinamización de lingua galega e o Departamento de Inglés convocan un concurso de microrrelatos no que rexerán as seguintes bases:

1.      Temática: Os textos que se presenten terán como tema o Halloween, o Samaín ou ser un microrrelato de terror.

2.       Orixinais: Os microrrelatos presentados deberán ser orixinais e inéditos, non deberán ter sido premiados previamente nin deben ser presentados de forma simultánea a outros certames. Cada concursante, que será alumno ou alumna do CIFP as Mercedes durante o curso 2021-2022, pode presentar un único microrrelato a cada categoría.

3.       Categorías: Establécense dúas categorías de participación. Unha de microrrelatos en galego e outra de microrrelatos en inglés.

4.       Extensión: Os microrrelatos terán unha extensión máxima de 200 palabras.

5.       Presentación: Os textos enviaranse, cun Título, o nome do autor ou da autora e o ciclo, curso e grupo que corresponda coa matrícula do alumno ou da alumna, por correo electrónico á seguinte dirección: biblioteca@cifpasmercedes.org. No asunto do e-mail deberá constar: “Concurso de microrrelatos de Halloween e Samaín”.

6.       Prazo: O prazo de presentación dos microrrelatos comezará o 18 de outubro de 2021 e rematará o 28 de outubro de 2021.

7.       Premios: Haberá un primeiro e segundo premio en microrrelatos en galego e un primeiro e segundo premio en microrrelatos en inglés. Cada un dos primeiros premios consistirá nun vale de 8 euros para consumir nunha cafetaría próxima ao instituto e cada un dos segundos premios consistirá nun vale de 6 euros para consumir nunha cafetaría próxima ao instituto.

8.       Dereitos: A biblioteca terá dereito a reproducir, publicar e difundir os microrrelatos gañadores. As autoras e os autores autorizan a difundir os seus textos na web e nas redes sociais do centro e da Biblioteca do instituto.

9.       Xurado: estará composto por membros do equipo da Biblioteca, do equipo de dinamización da lingua galega e do departamento de inglés do CIFP As Mercedes.

10.   Criterios: A valoración basearase na orixinalidade, creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.

11.   Fallo: O fallo do xurado farase público o día 29 de outubro de 2021, publicándose no Blog e no Instagram da Biblioteca do CIFP As Mercedes.

12.   A participación no concurso supón a aceptación destas bases e o incumprimento das mesmas ou dalgunha das súas partes dará lugar á exclusión do concurso.

viernes, 23 de abril de 2021

jueves, 22 de abril de 2021

Participación do alumnado da FP Básica de Mantemento de Vehículos na conmemoración do Día do Libro 2021 no CIFP As Mercedes


 

viernes, 16 de abril de 2021

 

O día internacional do libro celébrase o 23 de abril, pero por que esta data?

Na propia páxina web da UNESCO din que o 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial dado que neste mesmo día do ano 1616 morreron tanto Miguel de Cervantes (Don Quíxote) como William Shakespeare (Romeo e Xulieta), probablemente dous dos autores máis influíntes da literatura universal. Para máis sorpresa, o 23 de abril tamén coincide co nacemento ou morte de moitos outros autores relevantes como Vladimir Nabokov (Lolita).

De todo os xeitos, é isto correcto?

A pesar do que nos conta a UNESCO, a historia sinálanos algunhas imprecisións: nin Cervantes nin Shakespeare morreron o 23 de abril.

Aínda que é unha inexactitude menor, o certo é que Cervantes faleceu o 22 de abril de 1616 e foi soterrado o 23, tal e como sinala a Axencia EFE. A confusión débese a que naquela época rexistrábase a data de enterro, non a de defunción.

Con Shakeaspeare a cuestión é máis notoria. No ano da súa morte, Inglaterra aínda se rexía polo calendario xuliano, imposto polo emperador romano Xulio César. Non foi ata o ano 1752 cando os reinos de Gran Bretaña e Irlanda adoptan o calendario gregoriano, o máis estendido na actualidade. E que importa todo isto? Pois que o desfase entre o calendario xuliano e o gregoriano é aproximadamente duns 10 días. Polo tanto, no noso calendario —o gregoriano— a data da súa morte fixariámola nos primeiros días de maio, non no 23 de abril.

De todo os os xeitos, isto non é máis que unha curiosidade, o importante é celebrar esta data e conmemorar a dúas das figuras máis prominentes e influíntes da literatura inglesa, da española e universal.

martes, 23 de febrero de 2021

FELIZ SAN VALENTIN!

 Este foi un proxecto levado acabo dende o Instagram da biblioteca para o día de San Valentín.

martes, 19 de enero de 2021

NOVOS LIBROS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS NA BIBLIOTECA


 Animádevos a pedir as novidades das vosas familias profesionais para botarlles un ollo e formarvos un pouquiño máis.