Mostrando entradas con la etiqueta Dinamización lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dinamización lingua galega. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de abril de 2022

Lectura compartida 1º CS Vendas polo día do libro: La dependienta.



 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2022

Con motivo da celebración do día do libro o 23 de abril, este ano alumnado e profesorado de todas as familias profesionais do CIFP As Mercedes colaboraron coa selección de textos e a lectura compartida dos mesmos... 

Ao longo desta semana iremos compartindo os videos destas lecturas...


viernes, 23 de abril de 2021

jueves, 22 de abril de 2021

Participación do alumnado da FP Básica de Mantemento de Vehículos na conmemoración do Día do Libro 2021 no CIFP As Mercedes


 

viernes, 16 de abril de 2021

 

O día internacional do libro celébrase o 23 de abril, pero por que esta data?

Na propia páxina web da UNESCO din que o 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial dado que neste mesmo día do ano 1616 morreron tanto Miguel de Cervantes (Don Quíxote) como William Shakespeare (Romeo e Xulieta), probablemente dous dos autores máis influíntes da literatura universal. Para máis sorpresa, o 23 de abril tamén coincide co nacemento ou morte de moitos outros autores relevantes como Vladimir Nabokov (Lolita).

De todo os xeitos, é isto correcto?

A pesar do que nos conta a UNESCO, a historia sinálanos algunhas imprecisións: nin Cervantes nin Shakespeare morreron o 23 de abril.

Aínda que é unha inexactitude menor, o certo é que Cervantes faleceu o 22 de abril de 1616 e foi soterrado o 23, tal e como sinala a Axencia EFE. A confusión débese a que naquela época rexistrábase a data de enterro, non a de defunción.

Con Shakeaspeare a cuestión é máis notoria. No ano da súa morte, Inglaterra aínda se rexía polo calendario xuliano, imposto polo emperador romano Xulio César. Non foi ata o ano 1752 cando os reinos de Gran Bretaña e Irlanda adoptan o calendario gregoriano, o máis estendido na actualidade. E que importa todo isto? Pois que o desfase entre o calendario xuliano e o gregoriano é aproximadamente duns 10 días. Polo tanto, no noso calendario —o gregoriano— a data da súa morte fixariámola nos primeiros días de maio, non no 23 de abril.

De todo os os xeitos, isto non é máis que unha curiosidade, o importante é celebrar esta data e conmemorar a dúas das figuras máis prominentes e influíntes da literatura inglesa, da española e universal.