CONCURSO DE MICRORRELATOS DE
TERROR
BASES DA CONVOCATORIA
Concurso de microrrelatos de “Halloween
e Samaín no CIFP As Mercedes” no 2022
Con motivo da celebración do Halloween e
o Samaín no CIFP As Mercedes este curso 2022-2023, A Biblioteca do CIFP As
Mercedes, o Equipo de Dinamización de lingua galega e o Departamento de Inglés
convocan un concurso de microrrelatos no que rexerán as seguintes bases:
1.Temática: Os
textos que se presenten terán como tema o Halloween, o Samaín ou ser un
microrrelato de terror.
2.Orixinais:
Os microrrelatos presentados deberán ser orixinais e inéditos, non deberán ter
sido premiados previamente nin deben ser presentados de forma simultánea a outros
certames. Cada concursante, que será alumno ou alumna do CIFP as Mercedes
durante o curso 2022-2023, pode presentar un único microrrelato a cada
categoría.
3.Categorías:
Establécense dúas categorías de participación. Unha de microrrelatos en galego
e outra de microrrelatos en inglés.
4.Extensión:
Os microrrelatos terán unha extensión máxima de 200 palabras.
5.Presentación:
Os textos serán orixinais e inéditos e enviaranse, cun Título, o nome do autor
ou da autora e o ciclo, curso e grupo que corresponda coa matrícula do alumno
ou da alumna, por correo electrónico á seguinte dirección: biblioteca@cifpasmercedes.org. No asunto do e-mail deberá constar:
“Concurso de microrrelatos de Halloween” ou “Concurso de microrrelatos de Samaín”.
6.Prazo:
O prazo de presentación dos microrrelatos comezará o 19 de outubro de 2022 e
rematará o 28 de outubro de 2022.
7.Premios:
Haberá un primeiro e segundo premio en microrrelatos en galego e un primeiro e
segundo premio en microrrelatos en inglés.
8.Dereitos:
A biblioteca terá dereito a reproducir, publicar e difundir os microrrelatos
gañadores. As autoras e os autores autorizan a difundir os seus textos na web e
nas redes sociais do centro e da Biblioteca do instituto.
9.Xurado:
estará composto por membros do equipo da Biblioteca, do equipo de dinamización
da lingua galega e do departamento de inglés do CIFP As Mercedes.
10.Criterios: A
valoración basearase na orixinalidade, creatividade, calidade literaria e
adecuación á temática do concurso.
11.Fallo: O fallo do
xurado farase público o día 3 de novembro de 2022, publicándose no Blog e no
Instagram da Biblioteca do CIFP As Mercedes.
12.A participación no
concurso supón a aceptación destas bases e o incumprimento das mesmas ou
dalgunha das súas partes dará lugar á exclusión do concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario