viernes, 27 de noviembre de 2015

Xosé Neira Vilas

Falece o escritor Xosé Neira Vilas aos 87 anos na súa casa de Gres

►O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" galego e un gran axitador de conciencias, morreu na súa casa cruceña de Gres ►


Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928), na Fundación que leva o seu nome /Eli Regueira
O escritor cruceño Xosé Neira Vilas acaba de falecer esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.
Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario