CONSTRUÍR A MEMORIA:
VIVIR EXPERIENCIAS, CONTAR, LEMBRAR.
Concurso: Como construímos a memoria?
Presentar un cartel que inclúa
de 1 a 3 imaxes e un texto entre 20 e
100 palabras, en galego ou en inglés. Trátase de documentar unha das seguintes
opcións:
- Unha experiencia relacionada co instituto que
vaias a lembrar.
- Unha experiencia relacionada co Nadal que forme
parte da túa memoria.
- Unha recomendación dun libro.
- Unha recomendación dunha canción.
- Unha recomendación dunha película/serie/xogo.
Presentación:
-O prazo do 1 ao 15 de decembro.
-Mandar en pdf a biblioteca@cifpasmercedes.org
-Seguir a conta da biblioteca en Instagram:
@biblio.asmercedes
-Facer unha publicación no teu Instagram onde
etiquetes a conta da biblioteca e uses os hashtag: #vivirlembrar e
#liveremember
Premio:
-1 Un álbum de recortes artesanal e único para as
túas fotos e crónicas ou co que agasalles a algúen este Nadal.
-10 Miniálbums de recortes artesanais.
Etiquétanos: @biblio.asmercedes
Participa e síguenos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario