Algunhas das novidades chegadas a biblioteca...Despois de atedender as suxestións que nos chegaron para a adquisición de novos fondos para a biblioteca estas son algunhas das novidades que xa podedes coller para ler...
jueves, 20 de enero de 2022
Novos fondos na biblioteca
Algunhas das novidades chegadas a biblioteca...Despois de atedender as suxestións que nos chegaron para a adquisición de novos fondos para a biblioteca estas son algunhas das novidades que xa podedes coller para ler...
jueves, 2 de diciembre de 2021
CONSTRUÍR A MEMORIA:
VIVIR EXPERIENCIAS, CONTAR, LEMBRAR.
Concurso: Como construímos a memoria?
Presentar un cartel que inclúa
de 1 a 3 imaxes e un texto entre 20 e
100 palabras, en galego ou en inglés. Trátase de documentar unha das seguintes
opcións:
- Unha experiencia relacionada co instituto que
vaias a lembrar.
- Unha experiencia relacionada co Nadal que forme
parte da túa memoria.
- Unha recomendación dun libro.
- Unha recomendación dunha canción.
- Unha recomendación dunha película/serie/xogo.
Presentación:
-O prazo do 1 ao 15 de decembro.
-Mandar en pdf a biblioteca@cifpasmercedes.org
-Seguir a conta da biblioteca en Instagram:
@biblio.asmercedes
-Facer unha publicación no teu Instagram onde
etiquetes a conta da biblioteca e uses os hashtag: #vivirlembrar e
#liveremember
Premio:
-1 Un álbum de recortes artesanal e único para as
túas fotos e crónicas ou co que agasalles a algúen este Nadal.
-10 Miniálbums de recortes artesanais.
Etiquétanos: @biblio.asmercedes
Participa e síguenos!
viernes, 15 de octubre de 2021
CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
BASES DA CONVOCATORIA
Concurso de microrrelatos de
“Halloween e Samaín no CIFP As Mercedes” no 2021
Con motivo da celebración do
Halloween e o Samaín no CIFP As Mercedes este curso 2021-2022, A Biblioteca do
CIFP As Mercedes, o Equipo de Dinamización de lingua galega e o Departamento de
Inglés convocan un concurso de microrrelatos no que rexerán as seguintes bases:
1. Temática: Os textos que se presenten terán como
tema o Halloween, o Samaín ou ser un microrrelato de terror.
2.
Orixinais: Os microrrelatos presentados deberán
ser orixinais e inéditos, non deberán ter sido premiados previamente nin deben
ser presentados de forma simultánea a outros certames. Cada concursante, que
será alumno ou alumna do CIFP as Mercedes durante o curso 2021-2022, pode
presentar un único microrrelato a cada categoría.
3.
Categorías: Establécense dúas categorías de
participación. Unha de microrrelatos en galego e outra de microrrelatos en
inglés.
4.
Extensión: Os microrrelatos terán unha extensión
máxima de 200 palabras.
5.
Presentación: Os textos enviaranse, cun Título,
o nome do autor ou da autora e o ciclo, curso e grupo que corresponda coa
matrícula do alumno ou da alumna, por correo electrónico á seguinte dirección: biblioteca@cifpasmercedes.org.
No asunto do e-mail deberá constar: “Concurso de microrrelatos de Halloween e
Samaín”.
6.
Prazo: O prazo de presentación dos microrrelatos
comezará o 18 de outubro de 2021 e rematará o 28 de outubro de 2021.
7.
Premios: Haberá un primeiro e segundo premio en
microrrelatos en galego e un primeiro e segundo premio en microrrelatos en
inglés. Cada un dos primeiros premios consistirá nun vale de 8 euros para
consumir nunha cafetaría próxima ao instituto e cada un dos segundos premios consistirá
nun vale de 6 euros para consumir nunha cafetaría próxima ao instituto.
8.
Dereitos: A biblioteca terá dereito a
reproducir, publicar e difundir os microrrelatos gañadores. As autoras e os
autores autorizan a difundir os seus textos na web e nas redes sociais do
centro e da Biblioteca do instituto.
9.
Xurado: estará composto por membros do equipo da
Biblioteca, do equipo de dinamización da lingua galega e do departamento de
inglés do CIFP As Mercedes.
10.
Criterios: A valoración basearase na orixinalidade,
creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.
11.
Fallo: O fallo do xurado farase público o día 29
de outubro de 2021, publicándose no Blog e no Instagram da Biblioteca do CIFP
As Mercedes.
12.
A participación no concurso supón a aceptación
destas bases e o incumprimento das mesmas ou dalgunha das súas partes dará
lugar á exclusión do concurso.
viernes, 23 de abril de 2021
jueves, 22 de abril de 2021
viernes, 16 de abril de 2021
O día internacional do libro celébrase o 23 de abril,
pero por que esta data?
Na propia páxina web da UNESCO din que o 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial dado que neste mesmo día do ano 1616 morreron tanto Miguel de Cervantes (Don Quíxote) como William Shakespeare (Romeo e Xulieta), probablemente dous dos autores máis influíntes da literatura universal. Para máis sorpresa, o 23 de abril tamén coincide co nacemento ou morte de moitos outros autores relevantes como Vladimir Nabokov (Lolita).
De todo os xeitos, é isto correcto?
A pesar do que nos conta a UNESCO, a historia sinálanos algunhas imprecisións: nin Cervantes nin Shakespeare morreron o 23 de abril.
Aínda
que é unha inexactitude menor, o certo é que Cervantes faleceu o 22
de abril de 1616 e foi soterrado o 23, tal e como sinala a Axencia EFE. A confusión débese a que naquela época rexistrábase
a data de enterro, non a de defunción.
De todo os os xeitos, isto non é máis que unha
curiosidade, o importante é celebrar esta data e conmemorar a dúas das figuras
máis prominentes e influíntes da literatura inglesa, da española e universal.
martes, 23 de febrero de 2021
FELIZ SAN VALENTIN!
Este foi un proxecto levado acabo dende o Instagram da biblioteca para o día de San Valentín.


